Desculpa en primeiro termo que tardase un días en contestar ó teu e-mail. Efectivamente coñezo, aínda que por riba, unha pequena parte da historia de teu avó. Sei que era natural de Carracedo-A Peroxa e que estivo emigrado en Cuba, onde foi propietario da revista "El Industrial". Tamén coñezo ben a historia do famoso quiosco e a xenreira que lle profesaban as dereitas locais xa que, ó parecer, negábase a vender prensa de dereitas: só vendía a que quedaba á esquerda do PRR, incluída "La Zarpa". Precisamente por isto se lle instruiu unha información militar durante os acontecementos revolucionarios de outubro de 1934, que foi sobreseída, a pesares do cal estivo uns días detido (dende o 08/10/1934 ata o 20). Daquela xa era simpatizante de Azaña e acabaría por se afiliar a Izquierda Republicana. Tamén teño constancia que se agocha ó pouco da sublevación ata que o deteñen o día 13 de xaneiro de 1937 en Carracedo sendo acusado de "significado comunista y elemento de enlace del Socorro Rojo Internacional". Sempre me chamou a atención unha cousa: que non fose asasinado dado o coñecido e odiado que era para os falanxistas; dacordo que xaneiro do 37 non era xa o verán do 36, pero non deixa de resultar sorprendente que "se conformasen" «só» con eses meses de prisión.
[Nota: (tres anos)]
En fin, o personaxe, do cal obviamente só tiña referencias indirectas, sempre me resultou extraordinariamente curioso polo que significou naquel Ourense dos anos trinta. Non sei de que material disporás. Pareceríame interesante sequera poder realizar unha pequena reseña biográfica, pois temo que cos vellos de Ourense desapareza a súa lembranza. Bueno, se che parece boa idea non dubides en contactar conmigo.
Un saúdo. Julio Prada.
recuperación histórica persoal, familiar e colectiva!
Arquivo do blogue
-
▼
2006
(43)
-
▼
outubro
(21)
- MOITAS GRACIAS ORISEL!
- "SEMINARIO CONCILIAR"
- PROXECTO-QUIOSCO
- POR TERRAS GALEGAS
- á miña avoa...
- REVISTA-XORNAL
- José Rodríguez Faílde
- SOLICITUDE BNJM (CUBA)
- (INFORME-RESUMEN) “responsabilidades políticas”
- critico literario
- ¿QUOSQUE TANDEM?
- bibliografia
- EXPEDIENTE DE RESPONSABILIDADE POLÍTICA
- columnista
- ---
- ...
- unha de western (ou como se diga)
- jose rodriguez failde TOUR
- pequena biografia
- xornalista
- onde o mundo se chamaba celanova II
-
▼
outubro
(21)
terça-feira, outubro 03, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário