recuperación histórica persoal, familiar e colectiva!

quarta-feira, setembro 27, 2006

probando probando

Nunca quixen ter un blog, de feito a maioría os aborrezo mais despois de tempo vóulle facer ún pouquiño a pouco ao meu avó que hai moitos anos que morreu.
O seu nome: JOSÉ RODRÍGUEZ FAÍLDE foi represaliado inxustamente (como tod@s) durante e antes da guerra incivil que dicía ún por ái. O seu delito era ter unhas ideas progresistas para a época que non podían soportar as xentuzas fascistas destes lares e de todos os lares da ex-paña (como diría outro por ái)
Xa vós iredes, repito, pouquiño a pouco, enterando de toda a súa historia. Que é a historia de tod@s.
Só comentar que non pretendo facer do meu avó un heroe nin que sexa a punta de lanza de nada. Para min é só un exemplo de sufrimento máis da terrible e odiosa guerra, represión e posterior ditadura no estado español.

1 comentário:

leika disse...

Pois ánimo.
Será un pracer coñecer ao señor Pepe.