recuperación histórica persoal, familiar e colectiva!

sexta-feira, março 16, 2007

BIOGRAFIA DUN SERVIDOR AO SEU XEITO

JOSÉ RODRÍGUEZ FAíLDE. PERSOA. (publicado orixinariamente no canal de estudos galegos www.vieiros.com) este é un texto revisado.

Normalmente fálase ou escríbese dunha persoa coñecida, xa sexa a nivel persoal ou porque resulta (ou resultóu) carismática e coñecida en xeral, por algún motivo. A miúdo relacionado con artes, deportes, políticas, ciencias, e calquer outro tipo de disciplinas. Ás que se vén a sumar agora, por exemplo, os prostitutos ou prostitutas televisivas que sen ter nada especial que decir, nin polo que se podan valorar máis alá que polo índice de audiencia, debido os actos realizados en prostíbulos públicos que podemos visionar (ou non) na televisión. Pero da persoa da que vou escribir, neste artigo, que podo expor, grazas á unica xente que ademáis da miña familia, claro está, polo momento, interesóuse sobre o tema que abordarei é sobre a vida e obra dun home que non coñecín.

Coido que debería interesar un pouco o refrescarse, a base de saber, non só de sabor. Porque o sabor e todo o demáis, pódese e considero, débese explicar ademáis de saborear. E saborsaber, a base non de gasosa ou de cervexa senón de memoria, tonifica e resulta moi refrescante tamén.

Un nome: José Rodríguez Faílde. Éste señor resultóu ser o meu avó pero eu como xa dixen non cheguei a coñecelo. Tampouco coñecín ao outro. E as miñas avoas morreron cando eu era bastante pequeno. Os meus pais son maiores. Tivéronme maiores.

José Rodríguez Faílde: 1887(Piñeirón-Carracedo)/1958(Os Peares). Deste señor, só podo falar pola documentación que fun conseguindo e recopilando estes últimos anos (a verdade que algo tarde) debido ao grao de identificación que sempre tiven con el por cousas que me contaba a miña nai, en maior medida, e algún que outro familiar, en menor medida.

Acabo de citar as únicas fontes que recoñezo ter sobre a figura deste señor (hai outra recente: Xulio Prada). Pero no seu caso tanto pola súa vida como pola súa obra (en boa parte, aínda que existente, descoñecida para min) e polo seu pensamento, contextualizados nunha época moi determinada e determinante, considérome amparado ética e moralmente para falar del. En troques, non considero nada ético o comentario xurdido da boca dunha funcionaria, de certo arquivo ourensán, que ao descubrir, eu, de pura casualidade, despois dunha chamada telefónica (moi casual tamén) e desta maneira poder saber a historia da súa encarceración en 1937? e a súa excarceración en 1941? ; xa que en citado arquivo permanecían, por sorte para min, sendos dossieres dos procesamentos polos que pasou neses anos, preludio infame de ignorancia, represión e vergoña allea. Fixo un comentario máis ou menos así: “Que vergüenza, que vergüenza. Cómo puede estar esto todavía aquí, te pido disculpas. La verdad es que no sé cómo no se destruyó esto”. Pois ben señora, alégrome e non sabe de qué maneira, de que eses papeis todavía existiran. Alégrome de que comencen a resucitar esas pantasmas que xente, presupoño afín a vostede, se encargaron de soterrar como se non pasara nada, lustro tras lustro. Porque esas pantasmas están intranquilas mentras non se rescate a súa memoria e se lles faga xustiza. Acordándonos deles, das miserias e vexacións que pasaron eles e as súas familias que quedaron marcadas de por vida. Que as novas xeracións se vaian enterando, realmente, que supuxo todo aquilo. Que todo aquilo tiña nome e apelidos, vida e a esperanza dun mundo nada parecido ao que segue existindo despois de tantos anos.

Por iso, a min o que si me dá vergoña é que aínda é agora síguese silenciando e tratando que non saian estas cousas a relocer e que sentan mal cando saen. Como puiden comprobar por parte desta señora que o que lle daba vergoña era que existiran estes papeis. Claro, non acababa de darme de conta que nos tempos de “gran hermano” o que se fai con este tipo de datos é vaporizalos. Ollos que non ven, corazón que non sinte.

(Unha nota aclaratoria: isto foi escrito no ano 2001 e agora, nuns días para que chegue o 2006 e despois de anos e anos deixando que se morreran os implicados directos daquela infamia, agora repito, parece que si, que o asunto xa pode sair e ata está de moda con coleccionables e batalliñas varias dos “dous bandos”)

Parece ser que o meu avó era escritor. Que foi buscarse os garbanzos por dúas veces a Cuba, onde exerceu de xornalista (entre outras cousas).

Ao voltar por última vez vivía comodamente en Ourense coa súa familia e montóu un quiosco-librería, bastante coñecido e recordado aínda agora (tén saído recentemente ata nunha lámina dun coñecido xornal local). Estaba ubicado nos xardíns coñecidos como do Bispo Cesáreo (fronte a Alameda) xunto á estatua de Concepción Arenal que cos anos cambiaría de ubicación.

Recentemente puiden enterarme que o meu avó xa fora detido e encarcerado no ano 1934. Os falanxistas non o podían ver porque José Rodríguez Faílde negábase a vender no quiosco prensa de dereitas. Puido sair e anos máis tarde…

O seu quiosco foi queimado, con toda a súa vida dentro. Durante o alzamento e o meu avó foi encarcerado novamente. A súa familia tivo que retornar á aldea onde, segundo comenta a miña nai, durante anos comían carne somentes o día de non sei que santo, e ese día a enchenta era tal que o seu estómago non podía soportalo, acostumada día a día a patacas, verdura ou, días de festa, a sardiñas en lata.

Despois, miragrosamente salvóuse, como se dí, do marrón e volveu arruinado e torturado xunto á familia, onde en principio íase gañar algo como mestre de escola pero deseguida botárono xa que non rezaba cos nenos aos que daba clase. Nunca se opuso a que a súa propia familia fóra a misa.

Tamén sei del que en tempos adicábase a exercer de xuiz de paz á hora do reparto de terras, algo que non resultóu sempre moi fácil na Galiza. Sen embargo parece ser que a xente estaba encantada porque ademáis negábase a cobrar un peso.

Dixéronme del que era unha persoa cuns principios moi sólidos pero ao mesmo tempo moi tolerante coas ideas dos demáis. A frase típica da miña nai sempre foi que el tiña algúns amigos de dereitas e outra historia mítica foi o día que o detiveron onde lle preguntaron se era de “esquerdas” (supostamente para, talvez, librarse de “algo”) el contestou “si, señor, son”.

Sobre esta detención e unha vez conseguidos os papeis no tribunal militar de Ferrol recentemente e grazas ao historiador Xulio Prada, puiden ler e imaxinar unha detención, como así foi, de película das de hoxe en día. Con ata catro disparos cara el que se afastaba e agóchabase nunha cadra duns amigos e ía rodando dun lado a outro. Collérono vivo miargreiramente, e como un cabo moi famoso daquela (polo despiadado) púxolle nun alto a pistola na sen para matalo recén detido, e sei de boa fonte que outro garda díxolle: “si sabía o que ía facer!? a nós dixéronos de prender a este home vivo…” de novo meu avó salvóuse por moi pouco.
Na súa declaración negou reiteradamente que coñecera á xente da casa e estes amigos do meu avó nunca serían detidos.

Contóume miña nai que escribía panxoliñas un tanto divertidas e críticas, para cando os nenos ían ás casas en busca de todo tipo de melindradas; ela aínda acorda de memoria algunha.

José Rodríguez Faílde escribíu seis libros, segundo contan, pero eu só puiden atopar ún que resultóu ser o primeiro. E nótase, porque a verdade, dende o meu modesto ponto de vista, resulta un tanto confuso, sobre todo na estructura que sigue; onde hai dende artículos, poesía, prosa rimada, contos, cartas, críticas literarias e políticas... aínda que ao mellor agora resultaría moi moderno. Nunca se sabe!

Tamén encontréi un artigo do meu avó sobre Pondal, moi positivo cara el, editado en La Habana na revista “Patria Gallega”.

Grazas á mesma xente que me brinda a oportunidade de escribir isto, puiden saber que escribíu numerosos artigos no xornal “Eco de Galicia” tamén editado en La Habana.

Noutra orde de cousas comentar algunhas delas que saen neses patéticos dossieres, onde xunto a outras nove persoas foi procesado, sendo el, se a expresión é permitida, “cabeza de cartel”.

Primeiro decir o por que foi condeado e por quen. Por pertenza ao partido “izquierda republicana”, por ser cotizante de “socorro rojo internacional” e por ser o seu quiosco foco de reunión de elementos directivos do xornal/colectivo “ATEO”. Ademáis, por formar parte en mitíns de ideoloxía Comunista no municipio de “La Peroja”.

Algunhas destas “acusacións” (deixando a un lado o absurdo) foron negadas polo meu avó, así figura na súa declaración dentro do mesmo dossier de encarceración.¿?

Toda esta sarta de “acusacións”, todas elas políticas claro está, están comentadas, xustificadas e supostamente avaladas pola comisaría de policía, pola Falange, o rector ¿?, a garda civil, o señor alcalde, e o bispado.

Nos escritos recoñécese que o seu quiosco foi queimado nos primeiros meses do movimento e que foi detido en “Los Peares”. Ingresóu en prisión o 27 de Xaneiro do 1937. Non sei exactamente en que data de 1941? foi excarcerado. O que sí sei foi quen o denunciou (previo “chivatazo” logrado grazas á represión): un tremendo terratenente, ou máis ben o seu fillo (o meu avó agochóuse no monte nun faiado, durante bastante tempo. Alí meus avós fixeron a miña nai). Avisóu a garda civil (chantaxeando de maneira cruel algunhas xentes da aldea para que lle dixeran onde estaba) nun momento que sabía que José Rodríguez Faílde baixaría á aldea por provisións (típico).

Recentemente coñecín un parente lonxano que me contou a de palizas que lle deron á súa bisavoa e avoa para atopar ao meu avó (e o silenzo que elas e outras tantas xentes desa aldea e de toda España gardaron). (irmá e sobriña do meu avó)

Este terratenente adicábase a roubar as terras da sutil maneira bancaria, a base de empréstamos imposibles de pagar (típico).

Tamén coméntase no dossier a profunda ruina económica do meu avó e a súa familia nese momento; onde, por riba, se algo tiñan eran débedas.

Decían os da “Falange” textualmente: “...que estaba afiliado a izquierda republicana, habiendo hecho una gran propaganda extrema. Formó parte de mítines comunistas en el municipio de La Peroja. El quiosco, de su propiedad, era centro de reunión de todos los directivos del periódico “ATEO”, órgano del magisterio. Vendía toda la prensa comunista, revistas pornográficas y toda clase de folletos disolventes ¿?. Su conceptuación religiosa es la de ateo y la vida pública mala.”

En fin, sobre todos estes temas coido que non merece a pena seguir escribindo. Só comentar que unha miragreira carta, non se sabe moi ben de quen (hai quen dí que del mesmo e hai varias versións), foi o que lle salvou da morte por esas “terribles” (ademáis de que algunhas eran bastante mentireiras) acusacións.

Sobre a súa obra pouquiño máis podo falar ademáis do recente descubrimento de que foi o director e impulsor da revista “El Industrial” de “La Habana”. Si podo decir que do que eu dispoño está escrito en castelán, aínda que algún título deses artigos referenciados anteriormente e que foron escritos no xornal “Eco de Galicia” estaba en galego. En Cuba estaba relacionado, segundo informacións, con xente do ámbito da cultura, por exemplo a “peña artística Martí”. Fundou, como digo, a revista “El Industrial”, moi vangardista para a época, tamén traballou na banca. E dentro da miña ignorancia, atreveríame a decir que entre os galegos, polo menos, era unha persoa máis ou menos relevante (e non é que lle quera buscar relevancias), xa que axudou a moitos deles a buscarse a vida á chegada a illa (el foi para alá con once anos e voltou para casar aos vintetantos. Máis tarde voltou a illa e de regreso mercou o quiosco-librería). Hai un familiar meu que asegura que se hospedóu (en Cuba) na casa onde tamén o facía o avó do expresidente Aznar. Curioso, non?.

Libros. Coñecido só “Armonías”; rimas, versos y prosas. José Rodríguez Faílde. Habana. ASTURIAS S.A. (Prólogo de Prudencio Fernández). Referenciado na Biblioteca Municipal de Ourense onde se asegura que existían outros libros, actualmente desaparecidos. Sig.: D-A ----12245 Tít.: Armonías Aut.: Rodríguez Faílde, José. Cód.: 1017954. 1921.

Artículos. Autor: Rodríguez Faílde, José. Título: Ofrenda. Artigo de: En: En: Patria gallega (La Habana, 1912-1913), La. –Ed. Facsímil. Año 2, n. 68 (22 junio 1913); p. 5-6 Tema: Pondal, Eduardo (1835-1917)- Crítica e interpretación.
Centro: Biblioteca Xeral. Signatura: CU.- 155 Disponibilidade: Consulta en biblioteca.

En: Eco de Galicia (La Habana, 1917-) --EG. "Noite de lúa", EG n. 176 (1 oct. 1922) ; p. 14 "Santiago" EG, n. 150 (21 ag. 1921) ; p. 12 "[Yo quiero, señor, un poco de descanso...]" EG, n. 155 (6 nov. 1921) ; p. 11
"Elogios de mi raza" EG, n. 174 (20 ag. 1922) ; p. 10
"A Hilda Fortuny" EG n. 173 (6 ag. 1922) ; p. 26.

Tamén sei que varios libros seus chegaron a estar na Biblioteca municipal do barrio de A Ponte, en Ourense. Libros que desapareceron e non saben decirme ben o por que. Ata rebusquei en listados de libros descatalogados no Arquivo municipal de Ourense, por certo en espera todos eses libros de ser incomprensiblemente destruídos.
Recentemente, a través de internet, conseguín localizar o seu primeiro libro catalogado na Harvard College Library.

Por último citar as cadeas por onde deambulóu o meu avó: Celanova (onde estaba sentenciado a morte. Todos os que entraban alí a súa razón era o exterminio. Salvóuse outra vez miragreiramente facendo caso omiso ás chamadas polas noites, onde parece ser lle recomendaran non respostar como facían moitos, crendo que sairían) as outras foron: Cumial, Oseira, Valladolid e Padrón.
As cinsas do quiosco foron depositadas na entrada da súa casa en sinal de vinganza de non sei moi ben que.

Cando saiu do cárcere ofrecéronlle un posto na Rúa do Paseo (José Antonio na época) como quiosqueiro pero negóuse a vender a prensa da época e aceptar ao réxime desa maneira.
Traballou nunha tempadiña nunha fábrica que hoxe en día sigue aí derruida no barrio da Ponte mesmo á beira da ponte nova. Fíxoo como contable, contraéu o tifus e deixóuno.

Exerceu despois de mestre en Carracedo durante un ano máis ou menos e despois outro ano en Mirallos (A Peroxa) (ás veces en compaña da súa filla América, xoven mestra e irmá da miña nai: Josefa Rodríguez Toral) onde foi denunciado polo mesmo “elemento” que o levara a prisión, polo cal tivo que abandoar o seu posto de traballo. Enfermo e incapacitado para traballar a terra, cousa que tivo que facer toda a vida a miña avoa.
Morreu aos 71 anos sen que lle devolveran o roubado e queimado durante o “alzamento”. Está mal enterrado no cemiterio de Casdavil nos Peares.


ANEXO
Recentemente fíxenme cuns papeis que estaban na Biblioteca Nacional José Martí de Cuba gracias á colaboración de Orisel Gaspar, actriz cubana. Son artigos en varios xornais da época:

Relación de artículos encontrados de José Rodríguez Faílde :

Revista “Galicia” , La Habana , á que envió colaboracións dende España
en 1918.

1.- Por tierras gallegas. Galicia .La Habana 11 mayo 1918 . a. XVII n. 19 p.
18
2.- Los que se van . Galicia .La Habana 18 mayo 1918 a. XVII n. 20 p.12
3.- Por tierras de Galicia. Monforte. Galicia .La Habana 25 mayo 1918. A.
XVII n. 21 p. 12
4.- Después de la vendimia. Los pampos . Galicia .La Habana 1 de junio
1918. A. XVII n. 22 p. 14
5.-Por tierras de Galicia. Galicia .La Habana 8 de junio 1918. A. XVII n. 23
p. 9
6.- Elogio de mi casa . Galicia .La Habana 15 de junio 1918. A. XVII n. 24
p. 10
7.-Por tierras gallegas Galicia .La Habana 22 junio 1918. A. XVII n. 25 p.9
8.-Por tierras gallegas. Vigo . Galicia .La Habana . 23 de junio de 1917 A.
XVI n. 26 p.8-9

En “El Industrial: periódico defensor de la industria en general y en
particular la de lavado”

1.- El contrato del carbón. El Industrial .La Habana 15 de junio 1912 p. 1
2.-Mi oración de semana santa. El Industrial .La Habana 6 de abril 1912 p.
1.
3.- Los tres sueños. El Industrial .La Habana 27 de abril 1912 p. 1y 2.
4.- Biografía: Pedro Abelardo . El Industrial .La Habana. 4 de mayo 1912 p.
2.
5.- Bromas inocentes . El Industrial . La Habana 11 de mayo 1912 p.1
6.- Comunismo. El Industrial .La Habana 18 de mayo 1912 p. 2
7.-Actualidad. El Industrial . La Habana 25 mayo 1912 p. 1
8.-Por nuevos derroteros .El Industrial . La Habana 1 de junio 1912 p. 1
9.- Aquiles. El Industrial. La Habana . 8 de junio 1912 p. 2


En la revista España Nueva : semanario de vida española.

1.- Eternam vitae (poema). España nueva. La Habana 18 de noviembre 1923 ,
no. 87 p. 10
2- ¿Quiosque Tandem? (artículo) España nueva. La Habana 2 de diciembre 1923
. no. 88 p. 11.

Sem comentários: